Evento: Udra en concerto

Udra en concerto
domingo, 2 agosto, 2020 - 13:30
Naútico,
O Grove
Concerto de soul-blues

UDRA xurde cando Álvaro Trillo (batería), Maritxinha (baixo) e Diego Negro (guitarra e voz), xuntan as súas forzas para facer tremer a terra co seu groove que bebe do neosoul e das músicas progresivas con grandes influencias do funk, o jazz e as propostas urbanas. UDRA é un grupo que se asenta na onda da vangarda global máis micorrícica, bebendo de tradicións de todo o mundo para crear un concepto globalizado no mellor sentido da palabra sen cultivar propiamente a estrañamente denominada world music, senón desenvolvendo un estilo propio que debuxa un amplo e colorido mapa de sonoridades e influencias.

No ano 2018 Diego Negro pon a disposición do trío as súas composicións antigas e novas e comeza a xirar baixo o nome xenérico de Diego Negro Trio, pero a medida que a formación vai adquirindo un son e carácter distinto do que fora con anterioridade, un novo ser arranca a camiñar con vontade propia, tomando forma definitiva no 2020 como UDRA.

Máis eventos de tipo Concerto

DOA
25 de xuño
Igrexa de San Domingos de Tui
Quiquiriquí
26 de xuño
Espazo Lorenzo Varela
As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés