Evento: Inés Carreño en concerto
Inés Carreño en concerto
Presentación de Llanto, risa y calma, primeiro traballo discográfico de Inés Carreño, unha selección de
cancións de diferentes estilos como: música tradicional, cancións latinas ou standadrs de jazz,
cantado en diferentes idiomas que inclúen: galego, español, italiano e inglés.
A canción que dá título ao disco é unha composición propia, que está inspirada na súa vida e na
incrible experiencia de ser nai. Unha canción con tinguiduras sonoras do blues e música do sur de
España.
Inés Carreño consegue dar unha unidade sonora a todo o repertorio co doce,
aterciopelado e contundente timbre sonoro da súa voz, cantando dunha maneira íntima e persoal,
acompañada por unha formación acústica, con: Iago Mouriño ao piano , Pablo Pérez ao contrabaixo,
Sergio González á batería e Pablo Castaño ao saxofón alto.