Evento: Cachas &cousins en concerto

Cachas &cousins en concerto
sábado, 4 xullo, 2020 - 22:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria,
Boiro

Cachas &cousins en concerto

Concerto de old rocksteady

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raíces do estilo e buscando un coidado sonido que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.

  Nestos anos percorreron a xeografía galega participando en festivais tales como Outono Codax, Minho Reggae, Feito a Man de Santiago de Compostela, festival Rúas Vivas de Noia, Ska all Night en vigo ou Circuito Paseantes de Pontevedra.

Máis eventos de tipo Concerto

Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3
Boyanka Kostova
20 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Freedonia
20 de abril
Rúa do Preguntoiro, 35