Evento: Desconhecido

sábado, 7 novembro, 2020 - 22:15
A Pousada da Galiza Imaxinaria
, Boiro
Concerto-espectáculo cargado de ironía, retranca e bo humor a cargo de Berlai

Neste espectáculo podes desfrutar da música de Berlai, e da narrativa ilustrada en directo. Unha travesía por unha historia emotiva e real: A historia dun home descoñecido, dun home solitario, que prefireu vivir a súa vida como se fose un soño. Unha historia que mestura de maneira explosiva realismo sucio, cru e obsceno co lirismo máis refinado. O romantismo e a historia de amor non conseguen escapar do sexo, da loucura e do desespero. E  onde se transforman, no plano musical, en pop-rock con pingas de trad ou mesmo de ska, que nos traen mensaxes intimistas e tamén comprometidas.

En directo, Berlai ofrece un espectáculo único onde se combina a música (cunha banda de cinco artistas), a voz de Xiao e os debuxos de Torterolo para contar a historia de 'Desconhecido'.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Cherry Sweet en concerto
8 de abril, 23:00
El Contrabajo
O mínimo que o contén todo
8 de abril, 23:45
Pub Gatos
Cachas &cousins en concerto
9 de abril, 22:00
A Arca de Noe
Reflexións
14 de abril, 21:30
Borriquita de Belém