Evento: Namórate da ciencia

Namórate da ciencia
venres, 14 febreiro, 2020 - 19:30
Auditorio do Concello,
Nigrán

Namórate da ciencia

Encontro con mulleres científicas de Nigrán

Cinco investigadoras de referencia vinculadas a Nigrán (por nacemento ou residencia) protagonizarán este encontro, son: Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar) e Luísa Martínez (responsable de divulgación científica do CSIC). Cada unha delas contará con cadanseu pequeno laboratorio para amosar aos asistentes o seu traballo dun xeito eminentemente práctico (por exemplo, elaboración de vacinas no caso de África González). Ademais, estarán dispoñibles para responder todas as preguntas que se lles formule durante a sesión. Neste ambiente desenfadado e dirixido a todos os públicos, servirase rosca e chocolate (co obxectivo de reducir residuos recoméndase traer un vaso da casa).

O fin desta programación municipal, desenvolvida durante toda a semana tamén con charlas impartidas polas 5 investigadoras en todos os centros educativos de Nigrán, é visibilizar o traballo das científicas e, ao mesmo tempo, promover no alumnado feminino esta adicación profesional. Paralelamente, o Concello de Nigrán recoñecerá publicamente neste encontro a traxectoria de cinco das súas veciñas máis respectadas no eido científico e grazas ás cales esta semana de actos foi posible.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pesas de tear tardorromanas
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de libros no Museo Massó
Presentación de libros
1 de abril
Museo Massó
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés