Evento: Los Farsantes

Los Farsantes
venres, 14 febreiro, 2020 - 23:00
Liceo de Ourense,
Ourense

Los Farsantes

Concerto dos músicos sevillanos

Cun pé no rock electrónico e outro na world-beat music, Los Farsantes caracterízanse por un directo cheo de atmosfera e baile: drum &bass, techno-house, funk-hop, dub, roots music. Unha banda diferente cun directo emocionante, inquietante e cheo de enerxía, disposta a facerche vibrar nestes tempos de ruído, mentiras e partículas subatómicas.

A banda sevillana Los Farsantes, foi elixida gañadora do concurso de versións do album London Calling de The Clash convocado por Radio3- Radio Nacional de España. O tema Vou, papito é unha versión de Brand New Cadillac, canción orixinal de Vince Taylor incluída no album London Calling. Realizan unha lectura en clave revanchista dos estereotipos do rock´n roll, que desborda vitalidade, groove e transgresión na forma de abordar a revisión dun clásico.

Máis eventos de tipo Concerto

Miguel Matamoro
21 de xullo
Museo Ramón María Aller Ulloa
Tubos do mundo
22 de xullo
Praza do Reló
JET
22 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5