Evento: Semana Santa de Fisterra

  • Semana Santa de Fisterra
Semana Santa de Fisterra
venres, 3 abril, 2020 a luns, 13 abril, 2020
Varios espazos,
Fisterra

Semana Santa de Fisterra

Está declarada Festa de Interese Turístico Nacional

Do 3 ao 13 de abril celébrase a tradicional Semana Santa de Fisterra, declarada de Interese Turístico Nacional. 

 

De entre os actos da Semana Santa de Fisterra, tres dos máis caracterísiticos son:



XOVES SANTO

Representación vivinte da última cea e lavatorio de pés. Este acto cheo de simbolismo é recreado desde antano por mariñeiros da localidade.

VENRES SANTO

Solemne acto do Santo Encontro na praza. As imaxes de Xesús o Nazareno, a Virxe das Dolores, San Xoán, a Verónica, Simón o Cireneo, mistúranse con personaxes vivintes recreando un Via Crucis característico que conclúe na igrexa parroquial de Santa María das Areas coa representación do calvario. Caída a tarde, celébrase a liturxia do día e a continuación o acto do Desencravo, que dará lugar á procesión do Santo Enterro considerada unha das máis tradicionais de Galicia.



DOMINGO DE RESURRECCIÓN

Escenificacións con persoaxes vivintes do que puido ser un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e do seu encontro co anxo que lles anuncia a Resurrección do Señor en forma de proclama ao mundo enteiro co tradicional Aleluia.

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Monte
4 de agosto a 11 de agosto
Monte de Santa Tegra
Festas Patronais de San Lourenzo
6 de agosto a 10 de agosto
Varios espazos
Festa do Pemento de Herbón de Padrón
6 de agosto
Carballeira do Convento dos Franciscanos
Festa do Mexillón e do Berberecho
7 de agosto a 10 de agosto
Vilanova de Arousa