Evento: Semana Santa de Fisterra
Semana Santa de Fisterra
Do 3 ao 13 de abril celébrase a tradicional Semana Santa de Fisterra, declarada de Interese Turístico Nacional.
De entre os actos da Semana Santa de Fisterra, tres dos máis caracterísiticos son:
XOVES SANTO
Representación vivinte da última cea e lavatorio de pés. Este acto cheo de simbolismo é recreado desde antano por mariñeiros da localidade.
VENRES SANTO
Solemne acto do Santo Encontro na praza. As imaxes de Xesús o Nazareno, a Virxe das Dolores, San Xoán, a Verónica, Simón o Cireneo, mistúranse con personaxes vivintes recreando un Via Crucis característico que conclúe na igrexa parroquial de Santa María das Areas coa representación do calvario. Caída a tarde, celébrase a liturxia do día e a continuación o acto do Desencravo, que dará lugar á procesión do Santo Enterro considerada unha das máis tradicionais de Galicia.
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
Escenificacións con persoaxes vivintes do que puido ser un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e do seu encontro co anxo que lles anuncia a Resurrección do Señor en forma de proclama ao mundo enteiro co tradicional Aleluia.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular