Evento: Feira do Butelo da Fonsagrada

Feira do Butelo da Fonsagrada
venres, 18 febreiro, 2022 (hora sen determinar) a sábado, 19 febreiro, 2022 (hora sen determinar)
Varios espacios,
A Fonsagrada

Feira do Butelo da Fonsagrada

A propia feira, onde se poden comprar todo tipo de produtos gastronómicos da zona, alén do degoxado botelo.

O botelo ou butelo é un embutido típico, propio e peculiar da zona da Fonsagrada que ten a súa orixe na necesidade de conservar a carne de porco despois da matanza. Elabórase a base de costela de porco e outras partes, adobándoas e embutíndoas no estómago ou en tripa grosa do porco, curado e afumado con leña de carballo.
A Feira do Butelo da Fonsagrada é unha feira de carácter anual. Celébrase a fin de semana anterior á fin de semana de Entroido.
Aínda que a Feira do Butelo ten unha orixe relativamente recente (a primeira edición desta feira tivo lugar en 1998), actualmente está consolidada e goza de grande arraigamento tanto entre os veciños do Concello como entre os numerosos visitantes. Moitos son os que se acercan á Fonsagrada na fin de semana da Feira co obxecto de degustar ou mercar este cobizado embutido e demais produtos da matanza, así como outros produtos da zona, e desfrutar das fermosas paisaxes da comarca.
Desde a súa orixe a Feira do Butelo consolidouse como un referente no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo ao Entroido, podendo os visitantes aproveitar para adquirir produtos típicos para estas datas.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Cancelado
Entroido de Laza
23 de febreiro a 1 de marzo
Varios espazos
Cancelado
Entroido dos Xenerais do Ulla
1 de febreiro a 5 de marzo
Varios espazos
Cancelado
Entroido de Xinzo de Limia
6 de febreiro a 6 de marzo
varios espazos
Entroido de Verín
10 de febreiro a 6 de marzo
Varios espazos