Evento: Exposición graffitis programa Xuventude Crea 2019
Exposición graffitis programa Xuventude Crea 2019
A exposición cos graffitis premiados e finalistas no programa Xuventude Crea 2019 que acollerá a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago ata o 8 de febreiro.
Nesta edición os gañadores foron Miguel Aurelio Cajaraville (Baiona) pola súa obra Cor de corral; en segundo lugar, Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume) con Leonesa con bengala; e en terceiro lugar, Fernanda Rodríguez Miguélez (A Coruña) con Camiñando entre nós. Tamén se concedeu unha mención de honra a Adrián Lomba Balea (Vigo) pola obra Octopoda grafitae.
Esta mostra recollerá así mesmo os outros proxectos finalistas no 2019 como son as obras de Daniel Fernández Vargas (Baiona) con Chegar e encher; Iván Matos Recouso (Bergondo) por Os diminutos tamén teñen voz; Javier Caamaño Pérez (A Coruña) Chámalle xe; e Enrique Facal Vázquez (Abegondo) con Desorden.
Horario apertura biblioteca:
- De luns a venresde 08.30 a 21.00h
- Sábados de 10.00 a 14.00h