Evento: Exposición graffitis programa Xuventude Crea 2019

  • Exposición graffitis programa Xuventude Crea 2019
Exposición graffitis programa Xuventude Crea 2019
domingo, 12 xaneiro, 2020 a sábado, 8 febreiro, 2020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Exposición graffitis programa Xuventude Crea 2019

As obras dos mozos finalistas e gañadores poderanse visitar na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

A exposición cos graffitis premiados e finalistas no programa Xuventude Crea 2019 que acollerá a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago ata o 8 de febreiro.

Nesta edición os gañadores foron Miguel Aurelio Cajaraville (Baiona) pola súa obra Cor de corral; en segundo lugar, Margot Rodríguez Salvador (Pontedeume) con Leonesa con bengala; e en terceiro lugar, Fernanda Rodríguez Miguélez (A Coruña) con Camiñando entre nós. Tamén se concedeu unha mención de honra a Adrián Lomba Balea (Vigo) pola obra Octopoda grafitae.

Esta mostra recollerá así mesmo os outros proxectos finalistas no 2019 como son as obras de Daniel Fernández Vargas (Baiona) con Chegar e encher; Iván Matos Recouso (Bergondo) por Os diminutos tamén teñen voz; Javier Caamaño Pérez (A Coruña) Chámalle xe; e Enrique Facal Vázquez (Abegondo) con Desorden.

 

Horario apertura biblioteca:

  • De luns a venresde 08.30 a 21.00h
  • Sábados de 10.00 a 14.00h

 

Máis información >>

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Antifémina · Colita
25 de marzo a 1 de agosto
Avenida do Burgo das Nacións