Evento: Unha frauta chea de contos

Unha frauta chea de contos
martes, 7 xaneiro, 2020 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Unha frauta chea de contos

Concerto de Ano Novo do Trío do Acivro

Concerto didáctico de frauta traveseira ofrecido desinteresadamente por Luis Soto, quen ocupa o posto de frauta-frautín na Real Filharmonía de Galicia.
O concerto ten unha parte didáctico-práctica na que o público infantil que se achegue á Biblioteca cun instrumento musical pode participar activamente. Os pequenos e pequenas poden desfrutar dun conto falado e tocado, á vez que se inician no mundo da música clásica.

Como peche, o artista toca varias pezas para frauta, violín e violoncello cos seus fillos Lucas e Cecilia, integrantes do Trío do Acivro.

Dirixido a todos os públicos.No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello