Evento: Os roles de xénero nos contos

Os roles de xénero nos contos
luns, 16 decembro, 2019 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Os roles de xénero nos contos

Obradoiro de auto-edición con Gargallando

Conmemoramos o Día da Edición, 124 aniversario do nacemento de Ánxel Casal cun obradoiro de auto-edición para nenas e nenos de 7 a 14 anos.

A edición de libros supón unha ferramenta clave para a expresión das culturas. En Galicia, Ánxel Casal ou Emilia Pardo Bazán foron pioneiros.

As nenas e nenos participantes traballan sobre os roles de xénero nos contos que lles gusta ler, transfórmanse en editores/as e crean entre todas e todos unha revista que fotocopiamos e distribuímos pola biblioteca.

É precisa a inscrición previa aquí.

Máximo 10 participantes de 7 a 14 anos que teñan o carné da biblioteca no momento de facer a inscrición.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de inciación á Historia da Arte
Obradoiro de introducción á Historia da Arte
10 de setembro a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
“Estudar é + doado se sabes COMO” (2ª Sesión)
25 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A nube das palabras bonitas
2 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola