Evento: O que agochan as plantas

  • cartel_20_novembro_muíños
O que agochan as plantas
venres, 20 novembro, 2026 - 11:00
CEIP Valle-Inclán de Muíños,
Muíños

O que agochan as plantas

Unha investigadora achegará a química das plantas ao alumnado do CEIP Valle-Inclán de Muíños.

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado do CEIP Valle Inclán de Muíños participará nun obradoiro práctico para descubrir a ciencia que se agocha nas plantas.

Durante a sesión, as nenas e os nenos comprobarán como cambian as cores das plantas mediante reaccións químicas e aprenderán a extraer o ADN dalgunha delas cos seus propios medios. O obradoiro estará dirixido por unha investigadora en activo, que lles explicará o seu traballo e responderá ás súas preguntas.

Unha boa oportunidade para experimentar, facer preguntas e achegarse á investigación científica en galego.

17_novembro_rairiz
Laboratorios de natureza creativa
17 de novembro, 10:30
CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui - Rairiz de Veiga - Ourense
Contiños na biblio - Contacontos pequenos científicos - martes 17
17 de novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
Arqueoloxía experimental
21 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Fabrica o robot tolo con Simone Giertx
21 de novembro, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense