Evento: Laboratorios de natureza creativa
Laboratorios de natureza creativa
martes, 17 novembro, 2026 - 10:30
CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui,
Rairiz de Veiga Laboratorios de natureza creativa
Celebramos o Mes da Ciencia en Galego cunha proposta para experimentar coa cor, a luz e a natureza.
Con motivo do Mes da Ciencia en Galego, propoñemos dous obradoiros para que as nenas e nenos descubran a ciencia experimentando con materiais naturais e coa súa creatividade.
Cores vivas:
Descubriremos como algúns pigmentos naturais das plantas cambian de cor ao entrar en contacto con diferentes substancias.
O misterio da luz: cianotipia, natureza e fotografía científica
Cunha das técnicas fotográficas máis antigas, exploraremos a relación entre a luz, a materia e a natureza, e cada participante creará as súas propias imaxes.
Dúas propostas para mirar, tocar, probar e aprender ciencia en galego dun xeito divertido.
Máis eventos do ciclo Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
20 de novembro, 11:00
CEIP Valle-Inclán de Muíños - Muíños - Ourense
21 de novembro, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
21 de novembro, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense
21 de novembro, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo