Evento: Travesía de bytes
Travesía de bytes
A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Travesía de bytes" da artista Arantxa Serantes e que conta coa colaboración de Manuel Gutiérrez.
Esta exposición está vinculada á técnica artística do Net Arte que abarca todas aquelas intervencións que nacen en e a través da rede; non só da mera transmisión, senón do lugar onde suceden a creación e a exposición e da forma inmediata e inmaterial. Imaxes, sons, gráficos emails e calquera manifestación que teña dito orixe pode formar parte desta corrente artística.
"Travesía de bytes" é unha miscelánea de obras que poñen en discusión e debate aos sistemas ou narrativas lineais e aos medios unidireccionais. Trata de mostrar novas técnicas á hora de plasmar realidades e fomenta a reflexión