Evento: Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital

Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital
venres, 13 decembro, 2019 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital

Actividade coordinada por Pablo Fernández Otero. Mestre do ensino público e afeccionado aos xogos de rol

Se te atreves a explorar as Terras Descoñecidas prepara os dados e mergúllate con nós na aventura!

Sesións ao xogo de rol de 2010 Aventuras en la Marca del Este (retroclón da versión de 1983 de Dungeons & Dragons) de entre 90 e 120 min. de duración en venres alternos.

Os obxectivos desta actividade son:
1. Dar a coñecer os xogos de rol de mesa ás novas xeracións.
2. Expor alternativas viables ao ocio dixital por medio dunha actividade analóxica, multixogador e cooperativa.
3. Facer agromar a afección.
4. Que a propia afección provoque a difusión e promoción da lectura, facendo fincapé, neste caso e polo de agora, na literatura de Fantasía. 

Poden xogar ata 6 participantes de 9 a 14 anos.

Sala infantil da biblioteca. A participación faise por estrito orde de chegada.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Conversas en inglés
15 de setembro a 22 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Outono
15 de setembro a 11 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense