Evento: Rosa caramelo e outras historias

sábado, 12 outubro, 2019 - 17:00
Centro Cultural
, Vilamarín

Rosa caramelo e outras historias

Espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

A oitava edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dálle a benvida ao outono cunha nova actividade de lecer dirixida ao público familiar con cativada dos catro aos oito anos que chegará, da man de Talía Teatro, a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) ata novembro.

Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras. Rosa caramelo e outras historias ​é un espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Rosa caramelo, A historia dos bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina combinan a palabra coa música en directo, para crear unha atmosfera adecuada coa que desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Interpretada por Artur Trillo con música en directo de Fernando Fraga e baixo a dirección de Paula Carballeira, poderase gozar, do 5 de outubro ao 23 de novembro, en Ribadavia, A Rúa, Vilamarín, Bueu, Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira, Lalín, Trazo, Burela, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

Outras datas
Descargas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Fillos do sol
22 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal
Fillos do sol
23 de novembro, 20:30
Casa da Cultura
Fillos do sol
24 de novembro, 19:00
Auditorio do Multiúsos
Fillos do sol
14 de decembro, 20:00
Auditorio Municipal