Evento: Despois das ondas

Despois das ondas
sábado, 6 marzo, 2021 - 22:00
Auditorio municipal,
Vilagarcía de Arousa
Espectáculo a cargo de ButacaZero

Un filme feito en directo. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María? Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

Elenco: Belén Constenla (como María Casares), Nerea Brey (como María Casares - nena e xuventude) e Sonsoles Cordón (performer e varios personaxes)

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Transeúnte
30 de abril, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
Bio construción
Bio construción
30 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
alen
Alén
30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
El verbo
30 de abril, 21:00
Pazo da Cultura - Carballo - A Coruña