Evento: Sabela King & The Heartbreakers

Cancelado
Sabela King & The Heartbreakers
venres, 4 setembro, 2020 - 22:00
BâBâ Bar,
A Coruña

Sabela King & The Heartbreakers

Concerto de blues en formato sexteto

Sexteto do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui”e Benjamín Vázquez. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50's 60's, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais.

Parte do repertorio está formado por temas propios acompañados de ukelele e voz da man de Sabela e adornados intelixentemente polas guitarras de Benja, as armónicas de Figui, baixo e percusión.
Cabe destacar a súa participación no Festival Feito A Man do 2015 e tamén no V Outono Códax Festival, ambos en Santiago de Compostela. Así como a súa participación na primeira edición do Fisterra Blues Experience.

 

Sabela “King” - Voz e ukelele

Benjamín Vázquez – Guitarra e percusión

Pablo Vázquez - Guitarra

Ramón “Figui” - Armónicas

Diego Novoa - Baixo

Lucas de Centi - Percusión

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Enter Shikari
8 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
A familia Schumann
13 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións