Evento: Festival As Cores do Outono

Festival As Cores do Outono
sábado, 14 setembro, 2019 - 19:30
A Pobra do Brollón,
A Pobra do Brollón

Festival As Cores do Outono

Música folk galega na Pobra do Brollón

Este é un festival gratuíto na área recreativa de Samugueiros, no centro da Pobra do Brollón (Lugo).

Celébrase en horario de tarde-noite. O inicio será ás 19.30h co espectáculo familiar ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore.

A partir das 21:00 comezan as demais actuacións. O emblemático grupo galego Milladoiro lidera un cartel no que tamén están presentes o músico ourensán Magín Blanco e as Pandeireteiras de Bouba, grupo que este ano representou a Galicia no Festival Interceltique de Lorient. O evento será presentado polo actor e monologuista Avelino González.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Na casa delas
24 de marzo
Biblioteca Pública de Lugo
Luz Casal
26 de marzo
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Espellos sonoros
26 de marzo
Avenida do Burgo das Nacións