Evento: Xira "Inda canto 2019"

Xira "Inda canto 2019"
venres, 13 setembro, 2019 - 23:00
Praza Maior do Carballiño,
O Carballiño

Xira "Inda canto 2019"

Concerto de presentación do último disco de Treixadura

Treixadura constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional desde dúas concepcións: o canto e a gaita.

Durante ese tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Unha maneira de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura coa maneira de entender hoxe a música tradicional.

 

Treixadura está formado por: Toniño López: tambor e pandeireta, César Longa: acordeón, Paulo Nogueira: gaita e percusións, Magoia Adega: gaita e bombo, Xaquín Xesteira: gaita e percusións.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grúfalo
27 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
#Influencers
29 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Cincuenta, solteira e sen guión
29 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Coralinda
30 de outubro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra