Evento: Unha viaxe marabillosa

Unha viaxe marabillosa
xoves, 5 setembro, 2019 - 17:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Unha viaxe marabillosa

Actividade enmarcada no proxecto Reading and non-formal education

Esta actividade enmárcase no intercambio xuvenil A Europa moza le e crea do proxecto Reading and non-formal education subvencionado polo programa europeo Erasmus+ e coordinado por Xandobela.
Este proxecto é unha asociación estratéxica no ámbito da xuventude co que se pretende experimentar, crear e difundir novas metodoloxías para promover a lectura entre adolescentes desde a educación non formal.

Cedemos o salón de actos á Xandobela para realizar este xogo de fuga baseado en Alicia no país das marabillas, no que participa un grupo pechado de 23 mozos e mozas de Galicia, Portugal e Italia de entre 13 e 17 anos.

Acceso restrinxido.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Conversas en inglés
15 de setembro a 22 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Outono
15 de setembro a 11 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense