Evento: Espazos Sonoros 2019: concerto Rosalía Gómez Lasheras

  • Rosalía Gómez Lasheras - Espazo Sonoros 2019
  • Pazo do Faramello - Espazo Sonoros 2019
domingo, 29 setembro, 2019 - 19:00
Pazo do Faramello
, Rois

Espazos Sonoros 2019: concerto Rosalía Gómez Lasheras

Espazos Sonoros 2019: concerto "O fortepiano de Viena a Londres" de Rosalía Gómez Lasheras

Previamente, levarase a cabo a actividade vinculada ao concerto "Coñece o teu patrimonio: visita guiada ao Pazo do Faramello". Será ás 17.00h e a inscrición previa estará aberta entre o 14 e 25 de setembro, no email actividades@espazossonoros.org.

A compostelá Rosalía Gómez Lasheras é unha novísima intérprete de piano amplamente eloxiada, tanto pola crítica como por importantes personalidades do mundo da música, pola súa sobresaínte madurez artística. Na actualidade, está a desenvolver unha intensa carreira concertística ao longo de escenarios de España, Holanda, Austria, Francia, Portugal, Bélxica, Suíza, Alemaña, Rusia, Exipto ou Estados Unidos, logo de ampliar os seus estudos en Holanda e Suíza. Paralelamente á súa formación como pianista, especializouse en música antiga, estudando clave e fortepiano, na Schola Cantorum Basilensis. 

Nesta ocasión, a pianista ofrecerá un íntimo recital para fortepiano nun exemplar da súa propiedade, orixinal de 1805, que será instalado no Pazo do Faramello, e no que interpretará un repertorio clásico de finais do século XVIII e comezos do XIX, un feixe de obras de autores que compuxeron, como era natural na altura, para fortepiano: Haydn, Clementi e Beethoven. Será unha maneira de trasladarse ao ambiente das veladas que, nos salóns palacianos galegos decimonónicos, puideron ter lugar en noitiñas de outono coma esta.

Capacidade limitada a 50 prazas, é precisa inscrición no email actividades@espazossonoros.org.

 

 

Coñece máis sobre o Pazo do Faramello nesta ligazón.

 

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Best Boy
28 de maio
Plaza de Santa María (en caso lluvia, Facultade de Veterinaria)
Espiño en directo
28 de maio
Borriquita de Belém
Óscar Rosende & Great Straits
29 de maio
Teatro Colón