Evento: María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida

María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida
mércores, 9 outubro, 2019 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida

Roteiro guiado coa historiadora e escritora Encarna Otero Cepeda

Roteiro guiado con Encarna Otero polos lugares de Santiago de Compostela importantes durante a estadía na cidade de María Miramontes.

O punto de encontro é a nosa biblioteca. O percorrido contnúa polas rúas Carretas, Hortas e Inferniño ata a Praza do Obradoiro, onde compartiu o seu proxecto con Anxel Casal e de onde saíu a comitiva que levou o Estatuto de autonomía de Galicia para ser ratificado polas Cortes.

Paramos no claustro de Fonseca e seguimos pola rúa do Vilar, Praza do Toural e a Alameda. Finalizamos onde a estatua das irmás Fandiño Ricart simulamos unha conversa delas con María, coa que compartían a dedicación á costura.

No roteiro poden participar un máximo de 20 persoas adultas.

Para poder realizar o roteiro hai que recoller unha invitación no mostrador de información da biblioteca desde ás 18h. 
Cada persoa só pode recoller 1 invitación. 

 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
Redescubrindo Ourense. Ourense antigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
A Esmorga roteiro guiado
Redescubrindo Ourense
24 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense