Evento: María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida
María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida
Co gallo do 80 aniversario do exilio republicano español, a historiadora e escritora Encarna Otero Cepeda dá unha charla sobre María Miramontes e a súa época.
Coñecemos a activista e intelectual galega María Miramontes como muller traballadora e moderna, militante das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, activista do Estatuto de autonomía de Galicia e do feminismo, o seu exilio na Arxentina e o seu esquecemento total na Galiza ata o centenario das Irmandades da Fala.
Encarna Otero fai un capítulo especial sobre a súa vida en Compostela, o seu traballo de modista e o seu protagonismo na cidade dos anos 1931 ao 1936 como compañeira do home co que vai compartir vida, pensamento, ilusión, esperanza, amor e militancia; mais tamén sufrimento e morte: Ánxel Casal.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.