Evento: Dúas donas que bailan

Dúas donas que bailan
venres, 11 outubro, 2019 - 21:00
Sala Bahía de Foz
, Foz

Dúas donas que bailan

Espectáculo teatral a cargo de Teatro do Atlántico

Dirección: Xúlio Lago. Elenco: María Barcala e María Ángeles Iglesias. A sabedoría de Benet i Jornet, grande mestre da dramaturxia contemporánea, aparece de maneira espléndida, unha vez máis, en Dúas donas que bailan. Neste novo agasallo teatral o autor comparte o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacables embates da sociedade insensible e cruel na que lles tocou habitar.

SINOPSE:. Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia  propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Muiñada
8 de agosto, 12:30
Muíños
Pepe Vaamonde Trío
10 de agosto, 21:00
Praza da Constitución
Cartoóns
11 de agosto, 21:30
Patio Colexio Nº 1
Lambetadas
11 de agosto, 21:30
Centro cultural e xuvenil