Evento: Acto de homenaxe a Xabier P. Docampo

Acto de homenaxe a Xabier P. Docampo
martes, 4 xuño, 2019 - 10:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Acto de homenaxe a Xabier P. Docampo

O mestre das viaxes imaxinarias

A lectura, e máis na nosa lingua, é sempre un acto de resistencia e identidade, por eso o mellor recoñecemento para un escritor tan comprometido é lelo. No acto lemos os seus textos e animamos  a todas as persoas que estean ese día en Compostela a que se acheguen a ler connosco.  As persoas interesadas en participar na lectura poden anotarse no mostrador do andar baixo ou por correo electrónico: lecturasdocampo@gmail.com

A partir das 10.00h alumnado de varios centros escolares de Santiago de Compostela le diferentes textos de Xabier P. Docampo. 

A partir das 17.00h son os e as representantes das entidades que colaboran nesta homenaxe as que toman a palabra.

Ás 19:00h, María Jesús Fernández fai un repaso á traxectoria literaria de Xabier P. Docampo nunha charla titulada Xabier P. Docampo, o escritor. Tradición e modernidade, na que salienta as características que singularizan a súa obra e as achegas deste escritor á literatura galega.

Como final de acto, Gálix entrega a figura conmemorativa da homenaxe como Socio de Honra 2018, que se lle ía realizar en vida.

No salón de actos da biblioteca. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Revera Vinum II Encontro do Viño Galego
27 de marzo a 28 de marzo
Campillo de San Francisco, 3
A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO
14 de abril a 15 de abril
Museo Provincial de Lugo
Compostela Ilustrada
2 de novembro a 5 de novembro
Varios espazos