Evento: El maquinista de la general

  • El maquinista de la general
El maquinista de la general
venres, 17 outubro, 2014 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe,
A Coruña

El maquinista de la general

Ciclo Buster Keaton Proxección da nova restauración do filme.

Estados Unidos, 1926 

Dirección e guión: Buster Keaton e Clyde Bruckman, sobre un relato de William Pittenger. Produción: Buster Keaton Productions. Fotografía: Bert Haines e Dev Jennings.

Intérpretes: Buster Keaton, Marion Mack.

Duración: 83 minutos. 

Cando estala a Guerra de Secesión, Annabelle pide ao seu mozo Johnnie que se aliste no exército sudista, pero o exercito considérao máis útil na súa profesión de maquinista de tren. Annabelle cre que foi un acto de covardía e decide non falarlle máis. Un ano despois, cando Annabelle ten que viaxar na locomotora de Johnnie para ir ver a seu pai ferido, un grupo de nordistas rouban a locomotora e lévana prisioneira. Keaton representa un mozo traxicómico que se caracteriza por se enfrontar a diversas desgrazas mentres mantén a inexpresividade facial, a se apoiar na capacidade corporal para desenvolver un humor físico de arriscadas acrobacias e negándose a usar dobres. Considerada a súa grande obra mestra, Buster Keaton –a mostrar o peso que para el ten o real no cine– dixo: "mentres uns recorren ás novelas para encontraren argumentos, outros recorren á Historia". Recomendada a partir dos 9 anos. 

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

En la corriente
16 de xuño
Filmoteca de Galicia
Misericordia
16 de xuño
Filmoteca de Galicia
Pillion
17 de xuño
Filmoteca de Galicia
En la corriente
17 de xuño
Filmoteca de Galicia