Evento: 6 cubos negros en corpo blanco

6 cubos negros en corpo blanco
sábado, 14 novembro, 2020 - 20:00
Auditorio Lois Tobío,
Gondomar

6 cubos negros en corpo blanco

Traxicomedia a cargo de Aporía Escénica

Unha traxicomedia sobre a opresión familiar con tinturas de humor negro e absurdo. 

Unha peza na que agroman os delirios e desexos reprimidos establecendo unha conexión co universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Cinco actrices en escena habitan un espazo en branco e negro a cabalo de dúas épocas, subxugadas pola onmipresencia do frío que emana do gran frigorífico branco. Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á 'organicidade', nunha inquietante atmosfera na que destacan as queixas do violín.

6 cubos negros en corpo branco forma parte de HEPTAGONÍA, un proxecto a longo prazo que se compón de sete espectáculos que pretenden dar luz ao conflito vital da muller na sociedade actual. Trátase de darlle a volta a idea da creación do mundo xudeocristiana e convertela na palabra das deusas, das mulleres traballadoras: “A muller creou o seu propio mundo e ao sétimo día traballou”.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Absurdia
26 de outubro, 18:00
Pazo da Cultura - Carballo - A Coruña
O arcón de Noa
26 de outubro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Máxico Deluxe
26 de outubro, 19:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Quen dixo medo!
30 de outubro, 18:30
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra