Evento: Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa
Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa
Percorrerase un novo Camiño Real para coñecer o románico en Ulloa. Por unha desas vías secundarias do camiño xacobeo chegarase ata o castelo de Pambre. Os seus construtores son os Ulloa, unha das linaxes nobres galegas máis distinguidas dos últimos séculos do medievo, que o converteron no espazo principal da familia a finais do século XIV. O seu simbolismo traspasa o ámbito do particular para converterse nun dos emblemas da comarca e parte do escudo do propio municipio de Palas de Rei.
Ademáis escoitarase a Francisco Romualdo, un espléndido contacontos que, coa zanfona e o poderío máxico da súa voz, percorre Galicia cos cantos e romances de cego.
Cos camiñantes convidados Santiago Vázquez Collazo, arqueólogo e o Instituto de Estudos Ulloáns.
Prazas limitadas a 100 persoas. Inscrición do 20 ao 24 de agosto no web http://monumentagalicia.com/
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro