Evento: Feira do Libro da Coruña

  • Feira do Libro da Coruña_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés

Feira do Libro da Coruña
xoves, 1 agosto, 2019 a domingo, 11 agosto, 2019
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Feira do Libro da Coruña

Xardíns de Méndez Núñez

A Biblioteca participa na FEIRA DO LIBRO da Coruña, do 1 ao 11 de agosto

Do 1 ao 11 de agosto a Biblioteca estará presente con caseta propia na Feira do Libro que todos os anos se celebra nos Xardíns de Méndez Núñez.

A nosa presenza na Feira ten como principais obxectivos:

1. Informar sobre a localización da biblioteca e os seus servizos, facendo especial fincapé na gratuidade destes.

2. Difundir os fondos da biblioteca. Manteremos unha pequena mostra documental cunha selección das novidades da biblioteca: libros, cds, dvds… E mostraremos o funcionamento da plataforma de libros electrónicos GaliciaLe.

3. Captar novos socios tanto adultos coma infantís. FACEMOS O CARNÉ DA BIBLIOTECA na propia caseta.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés