Evento: Espacio Mahou

  • Espacio Mahou
Espacio Mahou
xoves, 24 maio, 2018 a martes, 24 xullo, 2018
Edificio Labase,
A Coruña

Espacio Mahou

O espazo abre de novo as súas portas durante dous meses

Tras a exitosa experiencia de 2017, Mahou volve apostar pola Coruña coa segunda edición de Espacio Mahou. O histórico Edificio Labase volverá abrir as súas portas para converterse de novo, e durante os próximos dous meses, nunha referencia para o lecer innovador en Galicia.

A arte, a moda e o lecer urbano daranse cita de novo no espazo a través da colaboración con creadores e artistas da cidade.

A gastronomía será outro dos alicerces fundamentais, xa que se celebrarán catas de cervexa, cursos de tiraxe e gastroexperiencias lideradas por algúns dos mellores chefs galegos e prestixiosos cociñeiros Estrela Michelin.

Ademais, artistas de primeiro nivel volverán visitar A Coruña cos Encontros Musicais de Espacio Mahou Coruña; experiencias únicas protagonizadas por artistas sorpresa cuxa identidade se desvelará con só tres días de antelación.

Entre o 24 de maio e o 24 de xullo, o espazo estará aberto ao público todos os días, de luns a domingo, a partir das 12:30 horas con entrada gratuíta. A planta baixa, ademais, contará cun establecemento de hostalería con terraza.
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola