Evento: Pestana, a verdade entre as mans

  • Pestana, a verdade entre as mans
Pestana, a verdade entre as mans
luns, 30 abril, 2018 a domingo, 2 setembro, 2018
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Pestana, a verdade entre as mans

Mostrando a obra de Baldomero Pestana

Pestana, a verdade entre as mans rescata e pon en valor a un autor descoñecido, a pesar da súa altísima calidade, e que representa un dos nomes máis relevantes da fotografía hispanoamericana do século XX. Baldomero Pestana foi o gran retratista da Xeración dos 50 –na súa etapa en Perú– e o autor dunha fotografía de denuncia con personaxes da rúa, á altura dos grandes mestres do movemento. 

Baldomero Pestana é un galego froito da emigración, que regresa á súa terra ao final dos seus días e deixa o seu legado –17.000 negativos, moitos deles inéditos– en Galicia, que na práctica unicamente o viu nacer. Un legado que reflicte á perfección a súa vida e o seu traballo, do que se debe enxalzar o compoñente social das súas fotografías que o achegan á vertente máis humanista –o seu traballo en Perú– e á vertente máis intelectual dunha das épocas máis simbólicas e de relevancia literaria e cultural como son: o París da década dos 60 do pasado século co coñecido ‘boom latinoamericano’; a eclosión do jazz; ou o nacemento da chamada contracultura. Na súa obra conviven a calidade coa popularidade no seu senso máis rico e estimulante.

A mostra é froito da colaboración da Fundación Cidade da Cultura co Instituto Cervantes. É a máis completa exposición de Pestana realizada até o momento, cun total 150 fotografías e documentos referentes á traxectoria profesional do artista (revistas Life, Times ou Squire, etc.), así como obxectos persoais. 

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
As lecturas de Granell
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8