Evento: Editatona

  • Editatona
  • Editatona
Editatona
martes, 20 febreiro, 2018 - 09:00
Biblioteca Concepción Arenal ,
Santiago de Compostela

Editatona

Mellorando a visibilidade na Wikipedia das pioneiras científicas da USC

 Aínda que o Día da Muller e a Nena na Ciencia é cada ano o 11 de febreiro, as actividades ligadas non se limitan só a esa xornada. A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero e a Galipedia, convocan unha Editatona, un día para mellorar a visibilidade das mulleres científicas na Wikipedia en galego. 

O obxectivo principal é o de mellorar a presenza e a cobertura na enciclopedia online das mulleres científicas pioneiras da USC. 

Os requisitos para participar son sinxelos. Hai que apuntarse na lista de participantes, tanto se se traballará dun xeito presencial na biblioteca como dende calquera outro lugar; contar cunha conta de editor da Wikipedia, que pode ser feita para a xornada; e, a ser posible, aportar material biobibliográfico sobre as mulleres científicas. Os artigos terán que ser escritos  seguindo a normativa oficial da RAG. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel