Evento: Entroido no Barco de Valdeorras

Entroido no Barco de Valdeorras
xoves, 8 febreiro, 2018 a mércores, 14 febreiro, 2018
Varios espazos da vila,
O Barco de Valdeorras

Entroido no Barco de Valdeorras

Gastronomía, desfiles e actividades para a rapazada

A celebración do Entroido no Barco de Valdeorras organízase cun variado programa, que inclúe unha festa infantil o luns, desfile o martes e o mércores daráselle a despedida co Enterro da sardiña.

O luns día 12 a partir das 17 horas no Pavillón Vello haberá unha festa infantil con baile de disfraces e karaoke. O martes ás 17.30 horas dará comezo o desfile de comparsas, que será entre a avenida Conde Fenosa e a praza Maior, onde haberá un baile amenizado por Boa Festa. Finalmente o mércores a partir das 20 horas, polas rúas da Zona Vella e finalizando na Praza Maior, terá lugar o Enterro da Sardiña e a queima do Meco.

Entre o xoves de comadres, día 8, e o martes día 13 vanse celebrar as XIX Xornadas Gastronómicas do Entroido. Unha iniciativa na que participan varios restaurantes da vila para ensalmar a gastronomía do inverno e que está organizada por AEVA e o Centro Comercial Aberto.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Feira de Santos de Monterroso
Feira de Santos
1 de novembro
Varios espazos
Festa do San Martiño
7 de novembro a 15 de novembro
Moaña (San Martiño)
Festa da Castaña
8 de novembro
Folgoso do Courel