Evento: O rei morre

venres, 17 maio, 2019 - 20:30
Teatro Rosalía Castro
, A Coruña
Espectáculo a cargo da compañía Sarabela Teatro

Elenco: Nate Borrajo, Elena seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago e Fina Calleja

“Que dean o meu nome a todos os avións, a todas as naves… Que esquezan todos os demais reis, os guerreiros, os poetas! Que non exista máis ca eu en todas as conciencias! Un só apelido para todo o mundo!”. “Para que nacín se non era para sempre? Malditos pais.”
Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I,  que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarida, e  o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida. Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía, xunto coa enfermeira Xulieta  e unha alabardeira,  que parecen ser as únicas que saben o que ocorre nese lugar onde nada é o que aparenta.
 Ademais dunha visión intimista, á obra pode considerarse unha metáfora da fin do poder, do absurdo dun gobernante con toda a autoridade do mundo, ao que xa non lle serve de nada cando se enfronta á morte.
 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Andrea Pousa en Trío
19 de maio, 19:30
Casa da Cultura
Fillos do sol
19 de maio, 20:00
Auditorio municipal
A leituga
25 de maio, 20:00
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
Son galego, son cubano
25 de maio, 22:00
Pazo da Cultura