Evento: Montañeiros Celtas: 75 anos de aventura

  • Montañeiros Celtas
Montañeiros Celtas: 75 anos de aventura
xoves, 16 novembro, 2017 a xoves, 14 decembro, 2017
Fundación Barrié Vigo,
Vigo

Montañeiros Celtas: 75 anos de aventura

Unha gran familia montañeira con innumerables anécdotas que contar e compartir e infinitos coñecementos para transmitir e adquirir

O xerme montañeiro en Galicia nace no Centro Excursionista de Galicia (1936) e na Pena Excursionista Viguesa (1938), que fusionados enraizaron na Sección de Montaña (1942) do Club Celta de Vigo, de onde se emanciparían en 1952.

75 anos que falan por si sós: socios desde 70 anos a 1 día de antigüidade; idades comprendidas entre uns meses e ao redor dos noventa anos; actividades nos cinco continentes; disciplinas deportivas, ambientais e culturais, entre outras.

Ao longo da duración da exposición realizaranse as seguintes conferencias:

08 novembro: Chus Lago
14 novembro: Ferrán Latorre
15 novembro: Carlos Soria
17 novembro: Aroa Sío
20 novembro: César Pérez de Tudela
29 novembro: Eutimio Rodríguez
30 novembro: Anxo García

O 14 de decembro, no acto de clausura presentarase o vídeo 'Montañeiros Celtas: 75 anos de aventura'

Máis eventos de tipo Exposición

Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona