Evento: Día das Librarías

  • Día das Librarías
  • Día das Librarías
Día das Librarías
venres, 10 novembro, 2017 - 18:00
Libraría Punto e Coma,
Ourense

Día das Librarías

Eventos en distintos establecementos de Galicia para celebrar esta data

Sétima edición do Día das Librarías. Numerosos establecementos da comunidade abrirán as súas portas ata as 22 horas, aplicando descontos do 5%. Moitos organizan ademais diversos eventos, co gallo da celebración, tanto para os máis novos como para os adultos. 

 

A Coruña

 

18 h. Espazo Lector Nobel, A Coruña. Contacontos.

A libraría Espazo Lector Nobel A Coruña celebra o Día das Librarías coa actividade Contacontos con Magalia. Contacontos bilingüe en inglés e castelán e do libro A vaca que puxo un ovo.

 

19.30 h. Libraría NUMAX, Santiago de Compostela. Presentación de libro.

O venres 10 NUMAX celebra o Día das Librarías coa presentación da última obra do escritor e cineasta Ramón Lluis Bande, Cuaderno del Paisaje, que estará acompañado polo escritor e xornalista Iván Cuevas.

Cuaderno del Paisaje é un relato do contado nos tres filmes que o autor realizou sobre os guerrilleiros republicanos asturianos: Estratexa, Equí y N’otru tiempu e El nome de los árboles.

 

Lugo

 

10 h. Libraría Trama, Lugo. Viaxe ao centro da libraría.

Visita guiada para grupos de estudantes na que acompañarán a un libro na súa viaxe pola librería, desde que chega nun paquete ata que sae pola porta cara a casa dun lector. No percorrido irán vendo todas las tarefas que fan os libreiros.

A actividade vaise facer ao longo de toda a mañá en intervalos dunha hora.

 

19 h. Libraría Trama, Lugo. Presentación de libro.

Coincidindo co Día das librerías, o poeta lucense Luis Valle presentará a súa última obra, titulada Para que eu beba. Este libro de poemas foi editado pola editorial Barbantesa. No acto o autor estará acompañado polo filólogo Javier Gómez Vázquez.

 

 

Ourense

 

18 h. Libraría Punto e Coma, Ourense. Contacontos e actividade formativa.

Contacontos baseado no libro Xaime e as landras, da editorial Kalandraka, no que a contadora se acompañará de monicreques de pau creados especialmente para a ocasión.

Despois será a quenda da actividade Planta unha landra, coa que unha educadora medio ambiental ensinará aos asistentes a plantar correctamente unha landra, que despois poderán levar á casa con instrucións de coidados.

A actividade é de balde, ata completar capacidade.

 

 

Pontevedra

 

18h. Salón de Plenos do Concello de Moaña. Presentación de libro.

Ledicia Costas presenta a súa obra A señorita Bubble, acompañada por Andrés Meixide(Ilustrador do libro), Coral Ríos (Concelleira de Turismo) e Manuel Bragado (Director Xerais). Organizado pola Libraría Nobel O Pontillón, en colaboración co Concello de Moaña.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
As nosas letras Galegas
2 de maio a 25 de maio
Biblioteca Pública de Ourense