Evento: II Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura

  • II Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura - edit
  • II Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura
II Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura
mércores, 15 novembro, 2017 - 19:00
Liceo de Ourense,
Ourense

II Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura

Carlos Casares, Otero Pedrayo e o viño de Ribeiro

As II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro. A súa Denominación de Orixe é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia.

Esta proposta eno-cultural posúe un carácter interdisciplinar e consistirá na celebración que terá lugar en varias cidades galegas e tamén en Madrid e Barcelona, de  conferencias multimedia, nas que interviran Xavier Castro, recoñecido especialista na cultura e historia do viño, e Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador e unha das trece mulleres máis relevantes do mundo do viño en España. En todas estas actividades presentarase unha edición especial, e farase tamén a cata dun viño do Ribeiro etiquetado ad hoc para esta conmemoración literaria e enolóxica.

CALENDARIO DE EVENTOS

-Barcelona: 21 de Outubro. Sociedade Cultural Saudade.
-Vigo: 8 de Novembro. Café Vitruvia.
-Ourense: 15 de Novembro. Liceo.
-Santiago: 17 de Novembro. Viñoteca Vide, Vide.
-Madrid: 20 de Novembro. Casa de Galicia.

Cómpre confirmar o horario definitiva nos espazos de programación.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal