Evento: Xornada divulgativa sobre os videoxogos
Xornada divulgativa sobre os videoxogos
A xornada inclúe:
-
18-19 h. O poder dos videoxogos: beneficios e posibles riscos.
Espazo de encontro para o coñecemento e discusión sobre os videoxogos. Falarase sobre os tipos de xogos, os seus efectos positivos, as principais preocupacións que xeneran, o seu uso no fogar.
A sesión estará guiada e dinamizada de forma lúdica por Silvia López Gómez, asesora pedagóxica e deseñadora de xogos serios en DIMElab.
Aberto a todos os públicos: nais, pais, adolescentes, avós, avoas, nenas e nenos. -
19:15-19:45h. Presentación de Aprendendo con videoxogos, monográfico nº 68 da Revista Galega de Educación.
Participan Xesús Rodríguez Rodríguez (Director) e Silvia López Gómez (Coordinadora)
-
20 h. Presentación do libro Historia de Nintendo: más de 125 anos de entretenimiento do documentalista Uxío Pérez.
Obra divulgativa sobre esta coñecida empresa que nos sorprende de principio a fin pola súa evolución e a enorme cantidade de feitos curiosos que protagonizou en todo o mundo. O autor fai tamén un repaso ás sagas ou xogos que foron verdadeiros éxitos de ventas ou nacementos accidentados coma o de Mario, todo acompañado dunha sólida base documental para ilustrar cada unha das explicacións.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

