Evento: Xornada divulgativa sobre os videoxogos

Xornada divulgativa sobre os videoxogos
venres, 3 novembro, 2017 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Xornada divulgativa sobre os videoxogos

Semana Intenacional dos Xogos

A xornada inclúe:

 

  • 18-19 h. O poder dos videoxogos: beneficios e posibles riscos.

    Espazo de encontro para o coñecemento e discusión sobre os videoxogos. Falarase sobre os tipos de xogos, os seus efectos positivos, as principais preocupacións que xeneran, o seu uso no fogar.
    A sesión estará guiada e dinamizada de forma lúdica por Silvia López Gómez, asesora pedagóxica e deseñadora de xogos serios en DIMElab.
    Aberto a todos os públicos: nais, pais, adolescentes, avós, avoas, nenas e nenos.

  • 19:15-19:45h. Presentación de Aprendendo con videoxogos, monográfico nº 68 da Revista Galega de Educación.

    Participan Xesús Rodríguez Rodríguez (Director) e Silvia López Gómez (Coordinadora)

  • 20 h. Presentación do libro Historia de Nintendo: más de 125 anos de entretenimiento do documentalista Uxío Pérez.

    Obra divulgativa sobre esta coñecida empresa que nos sorprende de principio a fin pola súa evolución e a enorme cantidade de feitos curiosos que protagonizou en todo o mundo. O autor fai tamén un repaso ás sagas ou xogos que foron verdadeiros éxitos de ventas ou nacementos accidentados coma o de Mario, todo acompañado dunha sólida base documental para ilustrar cada unha das explicacións. 

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo
Toponimízate 2026
25 de agosto
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel