Evento: Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

  • Pergamiño Vindel
Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas
martes, 10 outubro, 2017 a domingo, 4 marzo, 2018
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

A mostra exhibe por primeira vez ao público o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax

Por primeira vez, o público poderá ver en persoa o manuscrito no que Martín Códax escribiu as súas sete cantigas de amigo, que inclúe tamén a melodía de seis delas. Esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa dialoga na exposición con pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como con obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.

En total, máis de 50 pezas conforman esta mostra única, promovida pola Consellería de Cultura e Educación e pola Universidade de Vigo, baixo o comisariado de Francisco Singul.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia