Evento: Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

  • Pergamiño Vindel
martes, 10 outubro, 2017 - 11:00 a domingo, 4 marzo, 2018 - 20:00
Museo do Mar de Galicia
, Vigo

Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas

A mostra exhibe por primeira vez ao público o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax

Por primeira vez, o público poderá ver en persoa o manuscrito no que Martín Códax escribiu as súas sete cantigas de amigo, que inclúe tamén a melodía de seis delas. Esta xoia da lírica medieval galego-portuguesa dialoga na exposición con pezas históricas que explican a sociedade, a estrutura de poderes e a vida cotiá da época das cantigas, así como con obras contemporáneas nacidas baixo a inspiración deste mundo poético e do propio mar de Vigo.

En total, máis de 50 pezas conforman esta mostra única, promovida pola Consellería de Cultura e Educación e pola Universidade de Vigo, baixo o comisariado de Francisco Singul.

Máis eventos de tipo Exposición

Mostra sobre cerámica en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia
A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico
10 de novembro a 31 de outubro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
This Is Not An Exit
This is not an exit
1 de marzo a 16 de setembro
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa
Xulio Verne. Os límites da imaxinación
Xulio Verne. Os límites da imaxinación
19 de abril a 16 de setembro
MARCO - Museo de Arte Contemporánea