Evento: Bibliomercado

Bibliomercado
sábado, 6 setembro, 2014 - 08:45
Praza de Abastos de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Bibliomercado

A Biblioteca Ánxel Casal estará no Mercado de Abastos de Santiago

A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” estará presente un ano máis no Mercado de Abastos de Santiago. Nesta ocasión, o posto de atención ao público permanecerá aberto todos os sábados dende o 6 de setembro ata o 25 de outubro en horario de 8.30 a 13.45 h.
Os composteláns que se acheguen para facer as súas compras nesta emblemática Praza de Abastos, poderán coñecer a colección da Biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos constituída por libros, revistas e audiovisuais. Os asistentes terán a oportunidade de consultar estes materiais e obter información sobre os seus servizos: actividades culturais (contacontos, monicreques, concertos, presentacións de libros...), clubs de lectura, "biblioteca accesible", consulta de Internet, préstamo de portátiles, de e-readers, etc. Esta pequena mostra irá acompañada pola proxección dun vídeo explicativo sobre as instalacións, servizos e organización da biblioteca. No propio posto se facilitarán os trámites para facerse socio (impresos, realización de fotografías tamaño carné no acto...). Os novos lectores recibirán a tarxeta por correo postal no seu domicilio.
A guía editada con motivo desta actividade (pode consultarse no portal web da biblioteca) ofrece, ademáis, unhas suxestións para a "lista da compra" na próxima visita que faga o lector á biblioteca e un cadro cos servizos comúns que ofrecen o mercado e a biblioteca.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Non hai verán sen aldea
9 de xuño a 22 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Verán fantástico: retelling para ser feliz
Verán fantástico: retelling para ser feliz
29 de xuño a 4 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense