Evento: San Froilán

San Froilán
venres, 4 outubro, 2019 a sábado, 12 outubro, 2019
Varios espazos,
Lugo

San Froilán

Festa na que se poderá degustar o tradicional polbo á feira nas casetas instaladas para a ocasión

Unha peculiaridade das festas patronais de San Froilán, que se celebran desde 1754, é o grande atractivo que teñen para todo o resto de Galicia. De feito, nas dúas fins de semana que abrangue, Lugo convértese no epicentro da vida social de Galicia, en torno ás que son consideradas as festas do outono galego por excelencia.

No campo da feira, as casetas do polbo son o maior reclamo das festas. As numerosas atraccións para nenos e o mercado completan un cadro festivo que acrecenta o seu interese ano tras ano e rexistra unha afluencia de centos de miles de visitantes.

As prazas da zona antiga da cidade énchense de actividades, con especial atención ás dirixidas ao público infantil, que teñen o seu San Froilanciño, e polas noites, acollen concertos gratuítos cos mellores intérpretes do panorama español.

Un dos días grandes é o segundo domingo das festas, bautizado O Domingo das Mozas e dedicado á exaltación do traxe tradicional e o folclore galego. Desfiles de cabezudos, charangas, mercados e espectáculos de maxia e malabares sucédense estes días festivos, que rematan cunha feira medieval na praza da catedral e os arredores da muralla romana, e un grande espectáculo de fogos de artificio.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
18 de xullo a 22 de xullo
Bouzas
Festa da Dorna de Ribeira
18 de xullo a 24 de xullo
Ribeira
Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela
Feira do Viño do Rosal
18 de xullo a 20 de xullo
O Calvario