Evento: Os vellos non deben namorarse

Os vellos non deben namorarse
martes, 14 novembro, 2017 - 20:30
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Os vellos non deben namorarse

Escenificación desta obra de Castelao de Teatro do Morcego

Esta é unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes, D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres rematan morrendo. D. Saturio, envelenado cun solimán da propia botica. D. Ramón, que por un bico entrega a alma deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que remata por casar coa namorada e morrendo de felicidade.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios da Agadic.

 

ELENCO:
LELA: Anabel Budiño
SATURIO: Tatán 
CARABINEIRO / DEMO: Miguel Borines
D. RAMÓN: Mundo Villalustres
MICAELA: Josi Lage
O PORTUGUÉS/O MOZO: Andrés Giráldez 
SR. FUCO / O PAI: Celso Parada
PIMPINELA: Daiane Estévez
A MORTE / O SAPO: Mundo Villalustre
IRMÁS / A PORCA: Branca Francés
IRMÁS / COROS MULLERES: Josi Lage e Daiane Estévez, Branca Francés
CARTEL: Pastor
DIRECCIÓN: Celso Parada

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
IN-CERTO
8 de xuño, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra