Evento: Festival Reina Loba

  • Festival Reina Loba
  • Festival Reina Loba
  • Festival Reina Loba
  • Festival Reina Loba
  • Festival Reina Loba
Festival Reina Loba
xoves, 10 agosto, 2017 a domingo, 13 agosto, 2017
Os Blancos,
Ourense

Festival Reina Loba

Unha experiencia divertida e de respecto pola natureza para toda a familia.

O festival realízase durante tres días nun lugar apartado das grandes masificacións, na comarca de Limia en Ourense. Nel, podemos gozar nun lugar fermoso de música moi variada e un gran número de actividades para todos os públicos nas que aprenderemos os beneficios da vida no campo e o respecto pola natureza. Ademais haberá un mercado con produtos fabricados artesanalmente e diferentes eventos relacionados coa arte e a cultura.

O grupo que organiza este evento é o Espazo Matrioska, un conxunto de compañeiros que se coñecen estudando Belas Artes en Madrid e que teñen ideas en común que defenden a arte e o respecto pola contorna rural, relacionando así a cidade coa vida no campo.

Os artistas invitados para interpretar as diferentes actuacións musicais son Pedro Pastor & Los Locos Descalzos, Chotokoeu, Muerdo, Club del Río, Alpargata, Kolkólicos, Fizzy Soup, Trópicos de Grelos y el Cuarteto Tradicional Xinzo de Limia entre otros.

Ademais durante os tres días haberá talleres durante toda a xornada como malabares e circo con Don PacoJavi e Gus, baile tradicional galego con Gabi Reboredo, cineteca Reina Loba ou pintura mural con Ampparito.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos