Evento: Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas

Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas
domingo, 6 agosto, 2017 - 11:00
Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas,
Allariz

Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas

Descuberta deste conxunto histórico-artístico

No ano 1931, a contorna da igrexa de Santa Mariña foi declarada Monumento Histórico-Artístico, e no ano 1963, a comarca tamén Conxunto Histórico-Artístico. Santa Mariña de Augas Santas constitúe un centro cultural desde hai máis de 2000 anos, no que conflúen os restos arqueolóxicos e históricos, a toponimia e a memoria oral dos veciños da parroquia de Augas Santas, elementos que discorren en dúas direccións, vinculados á orixe castrexa da cripta e á cristianización do territorio. Estes aspectos quedaron plasmados, dalgún xeito, na secuencia cronolóxica do conxunto.

CAMIÑANTES CONVIDADOS: Rebeca Blanco-Rotea e Patricia Mañana Borrazás participaron no estudo do conxunto realizado por lapa-csic: o levantamento topográfico con láser-escáner e a lectura estratigráfica de alzados da basílica da Asunción e do forno da Santa, no conxunto de Santa Mariña de Augas Santas.
A ANDAINA
Hora de saída: 11.00 h

Hora de regreso  estimada: 14.00 h

Distancia: 5 km

Dificultade: media-baixa

Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos, agás a entrada á basílica/forno.

Inscrición previa: prazas limitadas a 125 persoas.

Imprescindible inscrición, do 25 xullo ao 04 de agosto, na web: http://monumentagalicia.com.

Admisión por orde de inscrición.

Máis: info@sinsalaudio.org  e no teléfono 619 637 211.

 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada á comicteca
29 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense
Un paseo pola evolución urbana de Ourense
3 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense