Evento: A Rapa das Bestas de Candaoso

A Rapa das Bestas de Candaoso
sábado, 5 xullo, 2025 a domingo, 6 xullo, 2025
Candaoso,
Viveiro

A Rapa das Bestas de Candaoso

Festa de Interese Turístico

O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crinas e colas, a desparasitación dos cabalos e a marcaxe a ferro dos poldros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria. Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas das bestas atraen cada ano numeroso público ávido de emocións. O de Candaoso, nunha paraxe desde a que se divisa a ría de Viveiro, illa Coelleira e Estaca de Bares, é un dos máis sonadas de Galicia. Como tradición ancestral, os curros manteñen moitos dos ritos da loita corpo a corpo coas bestas para a súa domesticación, e garanten un espectáculo enxebre, enchido de forza e de emocións, arredor da bravura dos homes e da furia dos garañóns.

O duro traballo dos gandeiros vese recompensado co viño, as empanadas e todo tipo de viandas que se preparan polo contorno do curro ao son das gaitas, e o desfrute das tradicionais carreiras de cabalos en diferentes categorías.

 

Destacado:

Carreiras de cabalos, con premios para os gañadores, pola tarde.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade da Virxe de Guadalupe
12 de setembro a 19 de setembro
varios espazos
Romaría da Nosa Señora da Barca
12 de setembro a 15 de setembro
Muxía
Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas
19 de setembro a 22 de setembro
A Pobra do Caramiñal
Romaría da Saínza
19 de setembro a 24 de setembro
Rairiz de Veiga